Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 49093

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de provisión do posto de traballo de Secretaría de Dirección, polo sistema de libre designación.

Mediante a Resolución da concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 12 de setembro de 2017, resolveuse o seguinte:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de Secretaría de Dirección deste concello, aprobada pola Resolución da Concelleira delegada de Facenda e Administración, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 4.4.2017 (DOG núm. 118, do 22 de xuño).

Segundo. Adxudicar a Almudena Astray Iglesias o posto de traballo de secretaria de Dirección, de conformidade coa relación de postos de traballo aprobada polo Acordo da Xunta de Goberno Local do 25.8.2017 (BOP do 31 de agosto) e coas características que se describen na seguinte táboa:

Servizo

Código

Departamento

Ref. posto

Posto

G

N

Esc.

RJ

F. compl.

C.E.

Gab. Alc.

GA6000

Secret. Direcc.

49

Secret. Direc.

C1/C2

18

AG

F

F.A.G.

FR06 ED

Terceiro. O expresado nomeamento producirá efectos a partir da data de toma de posesión de posto de traballo obxecto da presente convocatoria.

O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, de 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando se finalicen os permisos ou licenzas, que, se é o caso, fosen concedidas ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. Notifíqueselles a presente resolución á interesada, á directora da Área de Emprego e Empresa e ao director da Área de Rexeneración Urbana e Vivenda.

A Coruña, 20 de setembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director de Economía, Facenda e Administración