Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 48962

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de maio a agosto do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2017

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal para o desenvolvemento da actividade de coordinación do Eures Transfronteirizo Galicia Norte de Portugal.

10.5.2017

72.430,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades do Centro de Estudos Cooperativos (CECOOP).

29.5.2017

18.800,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Federación Galega de Asociacións Provinciais Empresariais de fontanaría, calefacción, gas, climatización, mantemento e afíns (Fegafon) para o desenvolvemento dun proxecto de marca de garantía no sector das empresas instaladoras de fontanaría de Galicia.

8.6.2017

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia Norte de Portugal.

22.6.2017

29.764,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia Norte de Portugal.

22.6.2017

29.732,40 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Universidade do Minho para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia Norte de Portugal.

22.6.2017

8.782,02 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Associação Industrial do Alto Támega para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia Norte de Portugal.

22.6.2017

4.574,30 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Associação Industrial do Minho para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia Norte de Portugal.

22.6.2017

6.360,96 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia Norte de Portugal.

22.6.2017

11.501,12 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e o Instituto do Emprego e Formação Profissional para o desenvolvemento de actividades de información e difusión do Eures Transfronteirizo Galicia Norte de Portugal.

22.6.2017

6.340,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

10.7.2017

599.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Áridos (Arigal), para a elaboración dun catálogo virtual dos áridos de Galicia.

28.8.2017

42.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia.

28.8.2017

37.953,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o mantemento do catastro mineiro e o desenvolvemento de diversos estudos de ordenación mineira.

28.8.2017

63.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Clúster da Auga Mineral e Termal de Galicia.

28.8.2017

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Clúster da Pizarra de Galicia para a realización de diversas actuacións dirixidas ao sector da lousa.

28.8.2017

145.000,00 €