Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 20 de outubro de 2017 Páx. 48960

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia para o ano 2017.

No Diario Oficial de Galicia número 102, do 31 de maio de 2017, publicouse a Orde da Consellería de Infraestruturas e Vivenda do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Unha vez rematada a tramitación de todas as solicitudes que se presentaron, e en cumprimento do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe dárselles publicidade ás subvencións concedidas.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Publicar como anexo as subvencións concedidas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2017

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Subvencións concedidas a asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou ás federacións destas para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia para 2017 (aplicación orzamentaria: 2017.08.02.512A.481.1).

Os importes totais foron outorgados para o financiamento dos plans formativos presentados polos beneficiarios.

NIF

Entidade

Importe

G70037544

Galeval

2.253,15 €

G15086358

Fegatramer

79.235,68 €

G15624281

Anetra

16.754,20 €

G15640808

Transgacar

26.460,08 €

G70209234

Fegatravi

31.688,55 €

G70231121

Urbanos

9.041,49 €

G32400293

Fegatrans

62.452,73 €

G36627719

Asetranspo

58.841,91 €

G32345670

Fetram

46.507,35 €

G15353543

Fegataxi

23.608,34 €

V15086341

Fegabus

12.681,20 €

G15248859

Acotrades

30.475,32 €

Total

400.000,00 €