Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 14 de setembro de 2017, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01402-O-2017 e tres máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación do expediente sancionador PO-01402-O-2017 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 14 de setembro de 2017

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción proposta

PO-01402-O-2017

9383-CLZ

Pablo Veiga Sertal

53116852P

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

6.3.2017; 16.37; AP9; 128,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-02059-O-2017

0020-CSW

Sanxenxo Explotaciones Forestales

B94107760

Realizar transporte privado complementario de mercadorías sen levar a bordo do vehículo o orixinal da copia certificada (autorización de transporte).

25.4.2017; 12.02; AG41; 7,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

PO-02230-O-2017

8834-FCN

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

10.5.2017; 9.30; PO-531; 16,1

Art. 141.25 en

relación co

art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación ca letra f) LOTT

801 euros

PO-02231-O-2017

8834-FCN

Manuel Álvarez Rodríguez

13051358P

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

10.5.2017; 9.45; PO-531; 16,1

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

375 euros