Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 22 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se acorda publicar o emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia por non ser posible a notificación persoal á persoa interesada no expediente AC-2012/00919.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de examinar a solicitude de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia presentada de xeito individual polo outro membro da parella, notifícase á persoa abaixo relacionada o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de proceder á oportuna resolución definitiva do expediente, de acordo co previsto no artigo 23.3 do Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, na súa redacción dada polo Decreto 146/2014, do 13 de novembro. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña para que poida consultalo e formular as alegacións e xustificacións que considere oportunas, durante un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución.

Unha vez transcorrido este prazo e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.

A Coruña, 22 de setembro de 2017

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/pasaporte

AC-2012/00919

Guillermo Bienvenido Cuevas Rabelo

47387514Q