Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 19 de outubro de 2017 Páx. 48837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza da Casa do Deporte de Vigo (expediente 5/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=184958

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza na Casa do Deporte de Vigo.

c) CPV: 81.21.10 limpeza xeral de edificios.

d) Medios de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 148, do 4 de agosto de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificado.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

4. Valor estimado do contrato: 82.644,62 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 41.322,31 euros. IVE (21 %): 8.677,69 euros. Importe total: 50.00,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 13 de setembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 20 de setembro de 2017.

c) Contratista: Gallega de Proyectos y Servicios, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 36.640,00 euros. Importe total. 44.334,40 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte