A representante da titularidade do centro privado (CPR) Fillas de María Inmaculada, do concello de Vigo, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Márketing e publicidade e do CS Mediación comunicativa.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Autorización de ensinanzas
Autorizar o CS Márketing e publicidade e o CS Mediación comunicativa, no centro privado que se detalla:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Fillas de María Inmaculada.
Código: 36010794.
Domicilio: Vázquez Varela, 57.
Localidade: Vigo.
Concello: Vigo.
Provincia: Pontevedra.
Titular: Hijas de María Inmaculada.
Composición resultante:
• 1 ciclo formativo de formación profesional básica de Arranxos e reparación de artigos téxtiles e de pel (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• 1 CM Actividades comerciais (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• 1 CM Atención a persoas en situación de dependencia (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Hixiene bucodental (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Márketing e publicidade (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• 1 CS Mediación comunicativa (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
Quenda de tarde-noite – Educación básica para persoas adultas:
• Ensinanzas básicas iniciais.
• Educación secundaria para persoas adultas.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das novas ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teñan que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria