Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48750

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de licitación do proxecto de obras de renovación das instalacións de iluminación pública exterior.

No 11 de outubro de 2017 ditouse resolución da Alcaldía pola que se aproba o expediente de contratación, así como o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración, da obra denominada Proxecto de obras de renovación das instalacións de iluminación pública exterior do concello de Teo, expediente O-10/17, de acordo co programa de axudas para a renovación das instalacións de iluminación exterior municipal do IDAE e conforme o seguinte cadro de características:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Teo.

2. Obxecto do contrato: proxecto de obras de renovación das instalacións de iluminación pública exterior do concello de Teo.

3. Expediente: O-10/17.

4. Tramitación e procedemento de adxudicación: tramitación ordinaria e procedemento aberto, con multiplicidade de criterios de valoración.

5. Orzamento: 2.672.979,47 euros máis 561.325,69 euros de IVE (3.234.305,16 euros).

6. Valor estimado do contrato: 2.672.979,47 euros.

7. Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría 4. Grupo I, subgrupo 6, categoría 4.

8. Garantía provisoria: 3 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

9.Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación do contrato, IVE excluído.

10. Importe máximo dos gastos de publicidade de licitación por conta do contratista: 900,00 euros.

11. Prazo de execución: 7 meses/210 días.

12. Información: o prego de cláusulas deste contrato estará á disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Concello ou consultando o perfil do contratante (www.teo.gal)

13. Presentación de proposicións: no Rexistro do Concello, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia.

Máis información na Secretaría Xeral do Concello de Teo, travesía da Ramallosa, 38, 15883 Teo. Teléfono: 981 81 57 00. Fax: 981 80 94 01.

Teo, 11 de outubro de 2017

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde