Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48752

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación da subministración dunha máquina minicargadora, sobre rodas, con implementos, para o parque de maquinaria desta deputación.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións do procedemento aberto para a contratación da subministración dunha máquina minicargadora, sobre rodas, con implementos, para o parque de maquinaria da Deputación Provincial de Ourense, cun gasto autorizado de 63.636,36 euros (IVE excluído). Na devandita cantidade enténdense incluídos todos os custos necesarios para a venda e entrega do vehículo (matriculación, transporte, tributos e outros) con exclusión do IVE. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, a que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 ante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan que rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non foren simultáneos).

Ourense, 29 de setembro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense