Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48606

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2017 pola que se publica a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2017.

A Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, establece que ao longo do presente ano non se procederá no sector público á incorporación de novo persoal, exceptuando da citada limitación unha serie de sectores e administracións que se determinan no artigo 19 da citada norma, respecto dos cales se determina que se aplicará unha taxa de reposición de ata un máximo do 100 por cento. Dentro desta excepción inclúese o persoal de administración e servizos das universidades, sempre que a Xunta de Galicia autorice as correspondentes convocatorias.

No mesmo senso, nos artigos 12 e 34 da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017, establécese unha taxa de reposición nas universidades integrantes do Sistema Universitario de Galicia de, como máximo, un 100 por cento, tamén nas prazas de persoal de administración e servizos, respectando as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I.

As correspondentes convocatorias deberán de ser autorizadas pola Consellería de Facenda, logo de acreditación de que a oferta de emprego público das mencionadas prazas non afecta o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria.

Pola súa parte, o artigo 70 Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, establece a oferta de emprego público como mecanismo de planificación das necesidades de selección de persoal nas administracións públicas.

En todo caso, a execución desta oferta de emprego público deberase desenvolver dentro do prazo improrrogable de tres anos, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación nos diarios oficiais.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no seu artigo 48 establece os criterios xerais en que se debe enmarcar a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas, concibida como instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, en que deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

A oferta de emprego público 2017 inclúe as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que se deban prover mediante a incorporación de persoal de novo ingreso, e as prazas especifícanse no anexo I desta resolución, tendo en conta o número de xubilacións, excedencias, baixas definitivas e reingresos producidos durante o ano 2016. Así mesmo, inclúense no anexo II as prazas para cubrir polo sistema de promoción interna que se levarán a cabo en convocatorias independentes das de novo ingreso.

De conformidade co previsto no artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, reservarase unha cota non inferior ao 7 % das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no número 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións.

No suposto de que algún dos aspirantes con discapacidade que se tiver presentado pola cota de reserva supere os exercicios e non obteña praza na citada cota, sendo a súa puntuación superior á obtida por outros aspirantes do sistema de acceso xeral, este será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

As prazas reservadas para as persoas con discapacidade que queden desertas nos procesos de acceso libre non se poderán acumular á quenda xeral. Nos procesos de promoción interna, as prazas reservadas para persoas con discapacidade que queden desertas acumularanse ás de quenda xeral destes procesos de promoción interna.

Polo exposto, logo da negociación cos órganos de representación do persoal de administración e servizos, emitida a preceptiva autorización pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia e conforme o Acordo do Consello de Goberno, do 28 de setembro de 2017, polo que se aproba a oferta de emprego público de persoal funcionario de administración e servizos para o ano 2017.

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas no artigo 36 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña para o ano 2017 que consta no anexo I (acceso libre) e no anexo II (promoción interna).

Segundo. As prazas ofertadas pola quenda libre constan como vacantes na relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Terceiro. As convocatorias dos procesos selectivos e as súas bases publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 5 de outubro de 2017

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO I

Acceso libre:

Escala

Grupo

Nº de prazas

Sistema xeral

Persoas con discapacidade xeral

Escala técnica superior informática

A1

1

1

0

Escala técnica superior de calidade

A1

1

1

0

Escala administrativa

C1

9

8

1

Escala técnica de servizos

C2

10

8

2

ANEXO II

Promoción interna:

Escala

Subescala

Grupo

Nº de prazas

Sistema xeral

Persoas con discapacidade xeral

Persoas con discapacidade intelectual

Escala técnica superior

Arquitecto técnico

A1

2

2

0

0

Informática

A1

11

11

0

0

Documentalista

A1

1

1

0

0

Superior (Prevención riscos)

A1

2

2

0

0

Secretario técnico (SIC)

A1

1

1

0

0

Escala técnica de grao medio

Informática

A2

26

25

1

0

Medios audiovisuais

A2

2

2

0

0

Secretario técnico (OTRI)

A2

1

1

0

0

Deseño gráfico (SIC)

A2

1

1

0

0

Grao medio

(Xefe taller)

A2

1

1

0

0

Escala técnica de especialistas

Conserxe

C1

1

0

0

1

Mantementos

C1

1

1

0

0