En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a continuación:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación.
c) Número de expediente: 2017_005_SXT_OPL.
d) Enderezo na internet do perfil do contratante:
http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: subministración.
b) Descrición: subministración dun tractor con guindastre e remolque para o Centro Integrado de Formación Profesional Santiago, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
c) División por lotes: non.
d) CPV: 16700000-2 (tractor).
e) Acordo marco: non.
f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma correspondentes á Consellería de Economía, Emprego e Industria.
g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).
h) Data de publicación do anuncio de licitación: 4 de xullo de 2017.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.
4. Valor estimado: cento trinta e nove mil seiscentos cincuenta euros (139.650,00 €).
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 18 de setembro de 2017.
b) Data de formalización: 27 de setembro de 2017.
c) Contratista: Agrícola Castelao, S.L.
d) Nacionalidade: española.
e) Importe de adxudicación: 136.940,00 € + 28.757,40 € (IVE 21 %) = 165.697,40 €.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria