1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
3º. Teléfonos: 981 54 55 26, 981 54 55 23 ou 981 54 55 22.
4º. Fax: 981 54 01 18.
5º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.gal
6º. Páxina web: http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante
7º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de proposicións.
d) Número de expediente: 2017_027_SXT_OPL.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración dun equipamento láser escáner para o Centro de Formación Profesional Ocupacional de Lugo, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Lugar de execución/entrega: a entrega realizarase no Centro de Formación Profesional Ocupacional de Lugo, no Paseo dos Estudantes, 33, 27002 Lugo.
e) Prazo de execución/entrega: o sinalado na cláusula N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).
f) Admisión de prórroga: non.
g) Establecemento dun acordo marco: non.
h) Nomenclatura CPV (vocabulario común de contratos públicos): 42000000-6 Maquinaria industrial.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: véxase a cláusula M da folla de especificacións do PCAP.
4. Orzamento base de licitación: trinta e cinco mil cincocentos euros e un céntimo (35.500,01 €), IVE incluído.
5. Valor estimado do contrato: vinte e nove mil trescentos trinta e oito euros con oitenta e cinco céntimos (29.338,85 €).
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE, constituída ante a Caixa Xeral de Depósitos.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse as cláusulas I e J da folla de especificacións do PCAP.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais. No cómputo do dito prazo inclúense os sábados, domingos e festivos, e cando o último día do prazo coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (situado no Edificio Administrativo San Caetano, s/n; 15781 Santiago de Compostela), en horario de oficina ou por correo, dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar; 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 5.2 do PCAP.
c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no PCAP.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición:
Apertura do sobre A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.
Apertura do sobre B: apertura en acto público da documentación relativa a criterios cuantitativos-avaliables mediante a aplicación de fórmulas
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: indicaranse na Plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura do sobre B.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=207535
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2017
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria