Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 18 de outubro de 2017 Páx. 48638

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 5 de outubro de 2017 pola que se declara aprobada unha nova persoa aspirante no proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015.

Mediante a Orde do 29 de setembro de 2017 (DOG núm. 192, do 9 de outubro) nomeouse persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) e modificado pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro), e aceptouse a renuncia presentada por Manuel Efrén Pastur Romay (47376830G).

Ao abeiro do establecido na base III.12 da orde de convocatoria, solicitouse ao tribunal unha relación complementaria de persoas aspirantes aprobadas, para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Unha vez recibida a dita proposta do tribunal, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar que Ledicia Trillo González (32694045M) superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño).

Segundo. Abrir o prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para que a aspirante presente a documentación exixida na base IV.2 da convocatoria.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda