Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48580

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO para a fixación da porcentaxe de reserva de solo para vivenda suxeita a algún réxime de protección pública.

A Corporación Municipal no Pleno do Concello de Sanxenxo, en sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2017, en relación coa proposición da Alcaldía para a fixación da porcentaxe de reserva de solo para vivenda suxeita a algún réxime de protección pública neste concello, adoptou por maioría absoluta dos membros de dereito da Corporación o acordo que a continuación se reproduce:

«Modificar a porcentaxe de reserva de solo para a vivenda suxeita a algún réxime de protección pública no concello de Sanxenxo co fin de axustala á Resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 15 de febreiro de 2017, e, con esta finalidade, fixar a dita porcentaxe de reserva no 5,55 % da edificabilidade residencial prevista no Plan xeral de ordenación municipal para o solo urbanizable e o solo urbano non consolidado sometido a procesos de urbanización, de reforma interior ou de renovación urbana, para os efectos da aplicación do artigo 42.9 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia».

Sanxenxo, 18 de setembro de 2017

Telmo Martín González
Alcalde presidente