Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48576

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (expediente As-76/2017).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-76/2017.

2. Obxecto do contrato: contratación do servizo de mantemento básico e de reparación de edificios, vivendas e locais patrimoniais de titularidade do Concello da Coruña que fomente o emprego de calidade e a execución de medidas de respecto ambiental na súa execución. Duración: dous anos prorrogables por dous máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 110.000 € anuais (IVE 21 % incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 30 de outubro de 2017. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 25 de setembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 18.4.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente alcalde da Área de Emprego e Economía Social