Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48575

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación definitiva de estudo de detalle na avenida Manuel Platas Varela.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 31 de maio de 2017, acordou desestimar as alegacións presentadas e aprobar definitivamente o expediente 29/2016.PED de estudo de detalle para o reaxuste das aliñacións entre os números 20 e 28 da avenida Alcalde Manuel Platas Varela, tramitado por instancia de Construcciones Navila, S.L. segundo o proxecto técnico asinado pola arquitecta María Dolores Crespo Chouza con data de novembro de 2016.

Así mesmo, acordouse levantar a suspensión de outorgamento de licenzas no ámbito do estudo de detalle acordada na Resolución da Alcaldía 368/2017, do 14 de febreiro de 2017.

Contra o acordo de aprobación definitiva deste estudo de detalle, instrumento de planeamento que ten natureza de disposición xeral, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

O contido íntegro do estudo de detalle pódese consultar no seguinte enderezo electrónico:

http://www.arteixo.org/gl/noticia/estudio-de-detalle-para-o-reaxuste-das-alineacions

Arteixo, 20 de setembro de 2017

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente