Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 18 setembro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Brisa I e J.S.M.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos das transmisións das bateas Brisa I e J.S.M. e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 22.8.2017, María del Carmen Lojo González, en representación da comunidade de herdeiros de Juan Carlos Suárez Sánchez, solicitou autorización para transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Brisa I e J.S.M.

Segundo. A solicitante achegou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Daniel Suárez Lojo (52937091S) e María Yolanda Suárez Lojo (52937092Q), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Brisa I.

Localización:

Cuadrícula: 51, polígono: B, distrito marítimo de Ribeira (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 31.5.1982.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: María del Carmen Lojo González e Juan Carlos Suárez Sánchez (33232936Y-33220088S) 50 % ganancial, Carmen Josefa Regades Romero e Santiago Suárez Sánchez (33238546G-33221729T) 50 % ganancial.

Novos titulares: María del Carmen Lojo González (33232936Y) 25 % privativa, Daniel Suárez Lojo (52937091S) 12,50 % privativa, María Yolanda Suárez Lojo (52937092Q) 12,50 % privativa, Carmen Josefa Regades Romero e Santiago Suárez Sánchez (33238546G-33221729T) 50 % ganancial.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: J.S.M.

Localización:

Cuadrícula nº: 108, polígono: H, distrito marítimo do Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 22.8.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Juan Carlos Suárez Sánchez (33232936Y) 100 % privativa.

Novos titulares: Daniel Suárez Lojo (52937091S) 50 % privativa e María Yolanda Suárez Lojo (52937092Q) 50 % privativa.

Os novos titulares das concesións administrativas quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 18 de setembro de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 5.6.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña