Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 26 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente 2004/213-36, tramitado por esta entidade.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa que a seguir se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, advertíndolle que, de non facelo, se dará por notificada.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa poderá interporse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 26 de setembro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2004/213-36.

Interesado: Fernando Freije Paipiri.

DNI: 77401625R.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 14 de setembro de 2017.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento e modificación das medidas administrativas.