Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 17 de outubro de 2017 Páx. 48549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017053AL-CO, por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2017053AL-CO incoado a Carmen Milagros Bautista Bautista.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderase consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderase efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora empregando os impresos normalizados que se facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Os prazos serán os seguintes:

– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 20 de setembro de 2017

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2017053AL-CO.

Interesada: Carmen Milagros Bautista Bautista (Café Bar La Esquinita).

DNI/NIF/CIF: X9934949F.

Último enderezo coñecido: avda. As Veigas, 48, baixo, 15320 As Pontes de García Rodríguez.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.