Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48284

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (90/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 90/2015, por instancia de Ángel Salustiano Ouro Rivas contra Prosenorsa, S.L., Segur Ibérica, S.A., o administrador concursal de Segur Ibérica, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que se ditou sentenza con data do 19 de setembro de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Ángel Salustiano Ouro Rivas fronte á empresa Prosenorsa, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Absólvese a Segur Ibérica, S.A. das pretensións deducidas contra ela.

– Condénase a empresa Prosenorsa, S.L. a aboar a Ángel Salustiano Ouro Rivas a cantidade de mil seiscentos euros con corenta e nove céntimos de euro (1.600,49 euros). Esta cantidade devindicará os xuros moratorios do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer do recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Segur Ibérica, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de setembro de 2017

A secretaria xudicial