Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48282

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5410/2016 MBL).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 5410/2016 desta sección, seguido por instancia de Diego Morais Núñez contra Lemos Romero, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Canteras Vilafría, S.L., Francisco Lemos Romero, S.L., Blockgándara, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, Granitos Moravi, S.L., Graniatios, S.L., Granitos Santa Rosa, S.L., Hermanos Fernández Oya, Comunidade de Bens, Jesús Fernández Oya, Bloques de Porriño, S.A., Juan Fernández Oya, Francisco Cabaleiro Nogueira, Cabaleiro Nogueira, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante Diego Morais Núñez contra a sentenza de data 20 de setembro de 2016 ditada polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo nos autos nº 11/2016 seguidos por instancia do demandante Diego Morais Núñez contra os demandados Hermanos Fernández Oya, C.B., integrada por Jesús Fernández Oya e Juan Fernández Oya, Francisco Lemos Romero, S.L., Blockgándara, S.L., Granitos Moravi, S.L., Granitos Santa Rosa, S.L., Lemos Romero, S.L., Bloques de Porriño, S.A., Graniatios, S.L., Cabaleiro Nogueira, S.L. e Canteras Vilafría, S.L., o empresario Francisco Cabaleiro Nogueira, a Mutua Galega, a Mutua Fremap, a Mutua Universal-Mugenat, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre enfermidade profesional debemos confirmar e confirmamos, a sentenza de instancia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Fernández Oya, Comunidade de Bens, Granitos Moravi, S.L. e Granitos Santa Rosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza