Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 151/2016, do 3 de marzo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 3 de marzo de 2016, pronunciou a Sentenza 151/2016, ditada no procedemento ordinario nº 4363/2013, interposto por Promoción Agropecuaria e Industrial, S.A. e Fomento de Explotaciones Agropecuarias, S.L., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por Promoción Agropecuaria e Industrial, S.A. e Fomento de Explotaciones Agropecuarias, S.L. (esta última como sucesora procesual), contra a orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, do 25 de febreiro de 2013, sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do concello da Coruña, así como, por vía de ampliación, contra o texto refundido das normas urbanísticas do PXOM 2013 da Coruña, publicado no BOP da Coruña do 9 de xullo de 2013 e, en consecuencia, anulamos da dita orde, PXOM e texto refundido os aspectos concretos relativos á categorización como solo urbano non consolidado dos mencionados predios da recorrente, os cales serán recoñecidos como solo urbano consolidado, coas consecuencias que diso derivan; sen facer especial condena en custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo