Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 3 de outubro de 2017, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a Resolución do 15 de setembro de 2017, ditada no expediente sancionador AC-66/17 por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), notifícaselle á titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG número 235, do 5 de decembro).

A Coruña, 3 de outubro de 2017

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución 11.5.2017)
Mª Teresa Zas Candame
Xefa da Sección Turismo I da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-66/17.

Denunciada: Kokopelli Santiago, S.L.U.

NIF: B70254164.

Establecemento: Kokopelli.

Enderezo: avenida de Barcelona, 35.

Localidade: Santiago de Compostela.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, alíneas a) e c), e artigo 109.3 da Lei 7/2011.

Resolución: 15 de setembro de 2017.

Sanción: multa de douscentos cincuenta euros (250 €).