Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da obra de implantación de resonancia magnética no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (expediente AB-SER3-17-049).

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obxecto: contratación da obra de implantación de resonancia magnética no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

3. Nº de expediente: AB-SER3-17-049.

4. Clasificación CPA: F410040.

5. Clasificación CPV: 45262700-8.

6. Valor estimado: 511.389,76 €.

7. Orzamento total sen IVE: 511.389,76 €.

8. Orzamento total con IVE: 618.781,61 €.

9. Prazo de execución: tres (3) meses.

10. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación exixida: grupo C, subgrupo 2, categoría 3.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse as cláusulas 13.II.a) e b) da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

c) Compromiso de medios persoais: véxase a cláusula 13.III da folla de especificacións do PCAP.

11. Garantía provisional: non se exixe.

12. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

13. Forma de tramitación: ordinaria e documentalmente simplificado.

14. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).

15. Acceso aos pregos e proxecto: poderanse obter o PCAP e o prego de prescricións técnicas desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal.

16. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

17. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxanse PCAP desta licitación.

18. Criterios de valoración: os definidos na cláusula 10 da folla de especificacións e na cláusula 4.5 do PCAP desta licitación.

19. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/ e no https://www.contratosdegalicia.gal.

20. Anuncios: serán por conta do adxudicatario. Véxase a cláusula 2.3.4 do PCAP.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos