Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 16 de outubro de 2017 Páx. 48353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 29 de setembro de 2017 pola que se notifica resolución de expediente de caducidade de autorización temporal de atracada co número P06/010A das instalacións náutico-deportivas do porto de Cangas (Pontevedra).

Con data do 13 de setembro de 2017, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, resolveu declarar a caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da cal é titular Alberto Fernández Rodríguez.

Intentada a notificación da resolución no enderezo que consta no expediente, sito na rúa Xosé Alexandre Cribeiro, 10, 2º B, de Cangas, provincia de Pontevedra, a través do servizo de Correos, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución emítese pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estaren pendentes de aboamento en período executivo as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, correspondentes aos exercicios de 2011, 2012, 2013, 2014, 2015 e primeiro semestre de 2016.

A caducidade determina a extinción da autorización, a prohibición de uso da praza de atracada e a obriga de retirar, de ser este o caso, a embarcación da instalación.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, ou recurso potestativo de reposición perante a Presidencia de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia