Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 22 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación do inicio do trámite de audiencia dun procedemento tramitado por esta xefatura (expediente 2007/145/27).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por ignorarse o lugar de notificación ou ben porque, intentada esta, non se puido efectuar, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican a continuación o inicio do trámite de audiencia do expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente está á disposición das persoas interesadas ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro do mencionado acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non o faceren, se terá por notificado.

Lugo, 22 de setembro de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2007/145/27.

Interesado: Bouchaib Faraj.

Documento identificativo: descoñecido.

Enderezo actual: descoñecido.

Acto administrativo que se notifica: acordo de inicio do trámite de audiencia do 27 de xullo de 2017.