Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 18 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións de recursos de alzada (expediente BS626F15005009316 e tres máis).

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos seus artigos 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, notifícanse mediante este edicto as resolucións de recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas no anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos, toda vez que se intentou a notificación e non se puido practicar.

Así mesmo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co referido no artigo 46 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, os/as interesados/as ou os/as seus/súas representantes poderán comparecer na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña -Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración- (avenida Salvador de Madariaga, 9-1º), das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o texto íntegro da resolución e o resto do expediente.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous meses conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 18 de setembro de 2017

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro; Resolución do 31.8.2017)
María Francisca Gómez Santos
Xefa do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración

ANEXO

Interesado/a

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Data

Marcos García del Río

78791644S

BS626F15005009316

Recurso de alzada desestimado

23.5.2017

Jacinto Domingo Calderín Quesada

42831627S

BS626F15030015816

Recurso de alzada desestimado

7.8.2017

Nicoleta Gache

X6943294P

BS626F15030077714

Recurso de alzada desestimado

4.4.2017

Mª Dolores Forero Oviedo

32721354J

BS618D15036010816

Recurso de alzada desestimado

30.3.2017