1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica (Servizo de Contratación).
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación.
2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Teléfono: 981 54 55 23 e 981 54 55 22.
5º. Fax: 981 54 01 18.
6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.gal.
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.xunta.gal/ceei/perfil-do-contratante.
8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.
d) Número de expediente: 2017_019_SXT_EM.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración dunha furgoneta para o Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), centro dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Lugar de execución/entrega: Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, San Cibrao das Viñas, Ourense.
e) Prazo de execución/entrega: dous meses desde a sinatura do contrato ou, de ser o caso, o prazo ofertado polo adxudicatario.
f) Admisión de prórroga: non.
g) Establecemento dun acordo marco: non.
h) CPV (referencia de nomenclatura): 34100000-8 (vehículos de motor).
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).
4. Valor estimado do contrato: 20.661,16 euros.
5. Orzamento base de licitación: importe neto: 20.661,16 euros. Importe total: 25.000 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non se exixe.
Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.
c) Outros requisitos específicos: non.
d) Contratos reservados: non.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).
b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas as dúas do PCAP.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.
2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.gal.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata o prazo máximo de resolución do procedemento.
9. Apertura de ofertas (sobre A e B):
a) Descrición:
Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa por parte da mesa de contratación.
Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación económica e técnica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificable mediante a aplicación de fórmulas.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5-4º andar.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Data e hora: indicarase no perfil do contratante a data e a hora da apertura do sobre B.
10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).
11. Outras informacións. Poden obterse os pregos na páxina:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=210642
Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2017
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016, DOG nº 131)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria