Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 12 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado pola comparecencia no expediente sancionador en materia de conservación da natureza CON-LU-0005/2017-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 12 de setembro de 2017

Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: CON-LU-0005/2017-V.

Interesada: Seabit, S.C.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.