Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo consistente na realización das verificacións administrativas e sobre o terreo previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) 1303/2013 e de controis de calidade de operacións aprobadas para cofinanciar co Programa operativo de emprego xuvenil (POEX) 2014-2020, cofinanciado polo POEX nun 80 %, no eixo prioritario 8B asistencia técnica, obxectivo específico 01, campo de intervención 121.

1. Poder adxudicador:

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Número de expediente: FA13/2017.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=176057

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: consiste na realización das verificacións administrativas e sobre o terreo previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) 1303/2013 e na realización de controis de calidade de operacións aprobadas para cofinanciar co Programa operativo de emprego xuvenil (POEX) 2014-2020.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 137, do 19 de xullo de 2017.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

a) Prezo: cento corenta e un mil seiscentos vinte e tres euros con setenta e catro céntimos (141.623,74 €), IVE excluído.

b) IVE: vinte e nove mil setecentos corenta euros con noventa e nove céntimos (29.740,99 €).

5. Formalización:

a) Data de adxudicación: 25 de setembro de 2017.

b) Data de formalización: 26 de setembro de 2017.

c) Entidade adxudicataria: Grupo NC Auditores Asesores, S.L.

d) Importe de adxudicación: 89.577,03 (IVE incluído).

e) Desagregación por anualidades:

Ano

Importe sen IVE

IVE 21 %

Importe con IVE

2017

34.480,78

7.240,96

41.721,74

2018

27.961,50

5.871,92

33.833,42

2019

5.794,16

1.216,77

7.010,93

2020

4.345,62

912,58

5.258,20

2021

1.448,54

304,19

1.752,73

Total

74.030,60

15.546,42

89.577,02

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG do 13 de xaneiro)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda