Por Resolución da Axencia Galega de Innovación do 23 de maio de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 107, do 7 de xuño) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.
No seu artigo 12 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración avalíe as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concreten o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 10.
Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 27 de setembro de 2017 pola Comisión de Valoración establecida no artigo 9 das bases da Resolución do 23 de maio de 2017, a Axencia Galega de Innovación
RESOLVE:
1. Conceder as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia que a continuación se relacionan polos importes que se indican:
Expediente administrativo |
Entidade beneficiaria |
Acrónimo |
NIF |
Importe da axuda (€) |
IN845A-1 |
Fundación Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial |
CETIM |
G70302427 |
50.725,71 |
IN845A-2 |
Fundación para a Promoción da Innovación, Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico na Industria de Automoción de Galicia |
CTAG |
G36871424 |
481.371,75 |
IN845A-3 |
Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca |
Anfaco - Cecopesca |
G36625309 |
293.163,29 |
IN845A-4 |
Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste-Centro Tecnolóxico Aimen |
Aimen |
G36606291 |
442.741,16 |
IN845A-5 |
Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética |
Energylab |
G27719913 |
87.664,45 |
IN845A-6 |
Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia |
Gradiant |
G36997229 |
373.105,32 |
IN845A-7 |
Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia |
ITG |
G15305923 |
137.329,16 |
IN845A-8 |
Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga |
Cetaqua |
G70312020 |
5.899,16 |
2. O importe total das axudas concedidas é dun millón oitocentos setenta e dous mil euros (1.872.000,00), con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:
Aplicación orzamentaria |
Importe |
09.A3.561A.781.0 |
1.872.000,00 |
Total |
1.872.000,00 |
3. Estas axudas están financiadas con cargo ao préstamo que a Administración xeral do Estado concedeu á Xunta de Galicia a través do Ministerio de Economía e Industria para o desenvolvemento en Galicia da Estratexia española de innovación (actuación 1).
4. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 19 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos no seu artigo 20.
5. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación