Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48010

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 19 de setembro de 2017 pola que se autorizan, na modalidade a distancia, os módulos do bloque común e do bloque específico das ensinanzas de técnico deportivo en Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo, técnico deportivo e técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo, e o bloque común das actividades de formación promovidas polas federacións deportivas, ao centro Tándem, de Viveiro.

Mediante a Orde do 10 de xaneiro de 2017 autorizase a apertura e funcionamento do centro de ensinanzas deportivas Tándem, de Viveiro, para impartir as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos de técnico deportivo e de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo, regulados polo Decreto 64/2015, do 16 de abril, e polo Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, respectivamente, e do título de técnico deportivo en Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo, cuxo currículo se regula no Decreto 73/2013, do 18 de abril; ensinanzas incluídas no ámbito do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, que establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial.

O representante da titularidade do devandito centro solicita autorización para impartir, na modalidade a distancia, o bloque común das actividades de formación deportivas ás que fai referencia a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, reguladas na Orde ECD/158/2014, do 5 de febreiro, e dos módulos comúns e específicos propios das ensinanzas correspondentes á obtención dos títulos de técnico deportivo Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo, técnico deportivo e técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo.

A Orde ECD/158/2014, do 5 de febreiro, regula os aspectos curriculares, os requisitos xerais e os efectos das actividades de formación deportiva, a que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas que se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos cos que deben contar estes centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1

Autorizar na modalidade a distancia, os módulos do bloque común e do bloque específico do ciclo formativo de grao medio en Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo e dos ciclos formativos de grao medio e superior en Salvamento e Socorrismo, e o bloque común das actividades de formación promovidas polas federacións deportivas, quedando configurado o centro como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas.

Denominación específica: Tándem.

Código do centro: 27020926.

Titular: Técnicos Deportivos Tándem, S.L.

Domicilio: avenida Cervantes, s/n.

Localidade: Viveiro.

Código Postal: 27850.

Concello: Viveiro.

Provincia: Lugo.

Composición resultante:

a) Modalidade presencial:

As conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

As conducentes á obtención do título de técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo (1 unidade para 30 postos escolares).

As conducentes á obtención do título de técnico deportivo en Mergullo Deportivo con Escafandro Autónomo (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

b) Módulos que se autorizan na modalidade a distancia:

Técnico deportivo en Salvamento e Socorrismo (Real decreto 878/2011 e Decreto 64/2015)

Módulos do bloque común

Ciclo inicial

Ciclo final

MED-C101 Bases do comportamento deportivo

MED-C102 Primeiros auxilios

MED-C103 Actividade física adaptada e discapacidade

MED-C104 Organización deportiva

MED-C201 Bases da aprendizaxe deportiva

MED-C202 Bases do adestramento deportivo

MED-C203 Deporte adaptado e discapacidade

MED-C204 Organización e lexislación deportiva

MED-C205 Xénero e deporte

Módulos do bloque específico

MED-SSSS102 Instalacións acuáticas e materiais

MED-SSSS103 Metodoloxía do salvamento e socorrismo

MED-SSSS104 Organización de eventos de iniciación en salvamento e socorrismo

MED-SSSS201 Escola de salvamento e socorrismo

MED-SSSS204 Organización de eventos de tecnificación en salvamento e socorrismo

MED-SSSS205 Espazos acuáticos e materiais

Técnico deportivo superior en Salvamento e Socorrismo (Real decreto 879/2011)

Módulos do bloque común

Ciclo superior

MED-C301 Factores fisiolóxicos do alto rendemento

MED-C302 Factores psicosociais do alto rendemento

MED-C303 Formación de formadores deportivos

MED-C304 Organización e xestión aplicada ao alto rendemento

Módulos do bloque específico

MED-SSSS-301 Planificación e programación do alto rendemento en salvamento e socorrismo

MED-SSSS-303 Xestión do centro de salvamento e socorrismo

MED-SSSS-305 Proxecto final

Técnico deportivo en Mergullo Deportivo con Escafrandro Autónomo (Real decreto 932/2010)

Módulos do bloque común

Ciclo inicial

Ciclo final

MED-C101 Bases do comportamento deportivo

MED-C102 Primeiros auxilios

MED-C103 Actividade física adaptada e discapacidade

MED-C104 Organización deportiva

MED-C201 Bases da aprendizaxe deportiva

MED-C202 Bases do adestramento deportivo

MED-C203 Deporte adaptado e discapacidade

MED-C204 Organización e lexislación deportiva

MED-C205 Xénero e deporte

Módulos do bloque específico

MED-ASBD102 Ámbito natural do mergullo deportivo

MED-ASBD201 Escola de mergullo deportivo

MED-ASBD202 Programación da formación no mergullo deportivo

Artigo 2

Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria