Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48014

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 25 de setembro de 2017 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016/17 convocados pola Orde do 24 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 4 de maio).

A Orde do 24 de abril de 2017 (DOG do 4 de maio) pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016/17 establece, no seu artigo 13.2, que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicada a acta provisional coas cualificacións obtidas polos alumnos e alumnas, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016/17 e a correspondente proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de bacharelato, correspondentes ao curso 2016/17, ao alumnado que figura no anexo a esta orde.

Segundo. Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a súa publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Relación de premios extraordinarios de bacharelato
correspondentes ao curso 2016/17

Sol.

Apelidos e nome

Cód. do centro

Centro de estudos

Importe (€)

19783

Blanco Rodríguez, Jorge Manuel

15005221

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

1.000

18799

Búa Teijeiro, David

36019062

IES Rosais 2

1.000

19918

Cabaleiro Lago, Mariana

36007734

IES Mendiño

1.000

20112

Calvo Rivera, Érika

15026406

IES Eduardo Pondal

1.000

19691

Corral Canda, Sabela

36019062

IES Rosais 2

1.000

19824

Cuadrado Dorrio, Lucía

15006791

IES Saturnino Montojo

1.000

20338

Fernández Blanco, Jorge Luis

15004101

CPR Plurilingüe Cristo Rey

1.000

20393

Fernández Lema, Cristina

15004083

CPR Plurilingüe Compañía de María

1.000

20088

González Fontanals, Fernando

32009190

IES As Lagoas

1.000

20087

Güell Domínguez, Adolfo

32009190

IES As Lagoas

1.000

19789

Le Creurer Quinteiro, Nicolá Xoán

36019062

IES Rosais 2

1.000

20303

Meizoso García, Laura

15005257

IES Ramón Menéndez Pidal

1.000

19707

Mejuto Pérez, Jacobo

15015603

CPR Plurilingüe La Salle

1.000

19389

Monteagudo Lago, Pablo

15026388

IES Plurilingüe Fontexería

1.000

19397

Otero Lema, Martín

15026716

IES Plurilingüe Adormideras

1.000

20282

Paz Ruza, Jorge

15006742

IES Concepción Arenal

1.000

20102

Rodríguez Ascariz, Carlos

27006541

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

1.000

18581

Rouco Díaz, Carmen

27013314

IES Santiago Basanta Silva

1.000

20113

Sarralde Díaz, Margarita Carmen

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000

19819

Sendón Blanco, Alba

15003212

IES Agra de Raíces

1.000