Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 13 de outubro de 2017 Páx. 48158

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 2 de outubro de 2017 pola que se notifica orde de retirada de embarcación varada no porto de Baiona.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Daniel Cedeira Lorenzo, con DNI 36177822H, orde de retirada da embarcación denominada Sol, con folio 7ª-VI-6-38-93, varada en rampla anexa ao paseo do porto de Baiona, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

A presente orde emítese sobre a base do establecido na regra décimo cuarta de aplicación á tarifa portuaria X-5 –embarcacións deportivas e de lecer– prevista na Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, por canto a embarcación se atopa varada sen autorización e en estado de abandono desde hai máis dun ano.

A embarcación deberá de retirarse do porto nun prazo máximo de cinco días contados desde a publicación desta orde no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Caso de incumprimento, Portos de Galicia executará a retirada de maneira subsidiaria e a costa do propietario, e procederá de conformidade co establecido na normativa vixente sobre barcos abandonados, sen prexuízo da incoación de procedemento administrativo sancionador.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia