Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47870

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 563/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 563/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Vicente Vigo Baluja contra Mármoles Alende, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo a suspensión dos actos sinalados para o día de hoxe e sinálase o 24.10.2017 ás 11.35 horas para a celebración da conciliación na secretaría deste xulgado e o día 24.10.2017 ás 11.40 horas para a celebración do xuízo na sala 2, quedando a parte demandante citada neste acto con entrega do presente decreto e acordo remitir citación á parte demandada e, así mesmo, e para evitar posibles suspensións se proceda á consulta telemática a través do punto neutro xudicial e realizada a devandita consulta se acordase.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Mármoles Alende, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza