Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47857

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (733/2016-R).

Divorcio contencioso 733/2016-R

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Merlys Juana Contreras Alonso

Procuradora: Elisa Rodríguez González

Avogado: Juan José Vázquez González

Demandado: Julio César Sarduy Tapia

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, polo presente edicto anuncia que no procedemento de divorcio contencioso seguido por instancia de Merlys Juana Contreras Alonso fronte a Julio César Sarduy Tapia ditouse sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por Merlys Juana Contreras Alonso e Julio César Tapia Sarduy con todos os efectos legais inherentes á devandita disolución.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal, debendo constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no rexistro civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe.».

E encontrándose o dito demandado, Julio César Sarduy Tapia, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 15 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza