Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento dos sistemas de información de xestión de gandaría, agricultura, industrias agroalimentarias e de fondos europeos agrícolas da Xunta de Galicia (expediente 2017/PA/0030).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: é obxecto deste contrato o servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento dos sistemas que dan soporte á competencias da Xunta de Galicia en materia de gandaría, agricultura, industrias agroalimentarias e de xestión de fondos europeos agrícolas.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 17.4.2017.

DOUE: 12.4.2017.

BOE: 24.4.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 3.968.783,06 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 2.300.743,80 € máis 483.156,20 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 2.783.900,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9.8.2017.

b) Data de formalización do contrato: 20.9.2017.

c) Contratista: Seresco, S.A.

d) Importe de adxudicación: 2.425.401,46 € (IVE incluído)

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia