Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento en sistemas de información do eido do sector primario (medio rural e mar) (expediente 2017/PA/0021).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o presente procedemento ten como obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento dos sistemas de información para a xestión do transporte metropolitano de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 5.4.2017.

DOUE: 4.4.2017.

BOE: 11.4.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria, simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 3.667.190,07 euros.

5. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado é de 1.222.396,69 euros máis 256.703,31 euros que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.479.100,00 euros (un millón catrocentos setenta e nove mil cen euros).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 10.7.2017.

b) Data de formalización do contrato: 14.9.2017.

c) Contratista: Bahía Software, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: 1.400.287,62 euros (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia