Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 11 de outubro de 2017 Páx. 47878

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (87/2016).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 87/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Vázquez García contra La Empanadilla Sabrosa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse sentenza o 15 de setembro de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza 410/2017.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 87/2016, en que son parte, como demandante, Miguel Vázquez García, asistido pola letrada Sra. Pérez Vázquez e, como demandados, a empresa La Empanadilla La Sabrosa, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome da súa maxestade o rei, con base nos seguintes

...

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Miguel Vázquez García fronte a La Empanadilla La Sabrosa, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 5.215,07 euros. Destes, a cantidade de 4.145,57 euros devindicará o 10 % de xuro. Condénase a demandada ao aboamento dos honorarios da letrada da parte demandante dentro do límite legal. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na conta de depósitos e consignacións, aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a La Empanadilla Sabrosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza