Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47616

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (235/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 235/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Estructuras Cubafer, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra Estructuras Cubafer, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a suma de 333,88 euros, e condeno a Aticus Ocaña Martín, na súa soa condición de administrador concursal de Estructuras Cubafer, S.L., a se ater á dita condena.

No que atangue á responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET).

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 191.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS)».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Estructuras Cubafer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza