Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 10 de outubro de 2017 Páx. 47630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 28 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os titulares dos predios afectados polo proxecto da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Fiolleda-Figueira, no concello de Monforte de Lemos.

Ante a imposibilidade de notificación aos titulares propostos por resultar a notificación infrutuosa ou os titulares descoñecidos, mediante o presente anuncio efectuarse a preceptiva notificación da Resolución do 30 de agosto de 2017, desta xefatura territorial, pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT, CT e RBT Fiolleda-Figueira, promovida pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Comunícaselles que a dita resolución se publicou no Diario Oficial de Galicia do 27 de setembro de 2017, que no seu anexo se insire a relación de predios afectados coas súas afeccións, que o proxecto da instalación eléctrica se poderá examinar nesta xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, andar baixo 2, Lugo) e que poderán presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O presente anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación aos titulares propostos ou descoñecidos dos predios que se relacionan no anexo a este anuncio, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 28 de setembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

LMT, CT e RBT Fiolleda-Figueira.

Concello de Monforte de Lemos.

Predio

Polígono

Parcela

Titular proposto e enderezo

4

26

41

Alejandro López Rguez.
Descoñecido

6

26

39

Francisco Fernández López
Descoñecido

10

26

33

Hrdos. de Teresa Fernández López
Descoñecido

11

26

32

Carmen Somoza
Descoñecido

14

26

26

Descoñecido

16

26

25

Pejerto Rodríguez Valcárcel
Descoñecido

40

19

5

Descoñecido