Con data do 10 de agosto de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2017304AL-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Gloria Milena Salazar Quintero, co NIE X5838206R, como titular do Mesón Cordeiro.
Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido practicar, polo que, mediante esta cédula se lles notifica a Gloria Milena Salazar Quintero, co NIE X5838206R, como titular do Mesón Cordeiro, o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.
Tamén se lle fai saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; rúa Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015.
Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.
Advírteselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 8 de setembro de 2017
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2017304AL-PO.
Denunciada: Gloria Milena Salazar Quintero, co NIE X5838206R, como titular do Mesón Cordeiro.
Último enderezo coñecido: Beiro, 10, Cordeiro, 36647 Valga, Pontevedra.
Feito imputado: suposta infracción en materia de seguridade alimentaria.
Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 18 do Regulamento (CE) nº 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.
Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 51, punto 1, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Sanción proposta: seiscentos euros (600,00 €).