Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 9 de outubro de 2017 Páx. 47384

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4471/2016 MDM).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 4471/2016

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 857/2015 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado/a: letrado da Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Frigoríficos Bandeira, S.L., Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Óscar Fontao Folla

Avogado/a: letrado da Tesouraría da Seguridade Social, letrado da comunidade, Jesús Lorenzo Cuervo, Ana María Lois Gómez

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4471/2016 desta sección, seguidos por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e no que é parte a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Frigoríficos Bandeira, S.L., Mutua Galega de Accidentes de Traballo e Óscar Fontao Folla, sobre accidente, se ditou Resolución con data 28 de abril de 2017, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Dicidimos: que estimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do Xulgado do Social número un de Vigo, en xuízo instado pola Mutua Galega de Accidentes de Traballo, contra a recorrente e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego da Saúde, o traballador Óscar Fontao Folla, e a empresa Frigoríficos Bandeira, S.L., a sala revógaa declarando que a situación de incapacidade temporal iniciada polo traballador demandado o día 17 de outubro de 2013 derivou de accidente de traballo do que resulta responsable a Mutua demandante e recorrente, polo que se desestima a demanda formulada en tal sentido.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Óscar Fontao Folla, en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza