Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47246

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 215/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de titulos xudiciais 215/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Inés Fraga Martínez contra 4 Cromia, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela, dezaoito de setembro de dous mil dezasete.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 104/2017, con data do 21 do 2 de 2017, ditada no procedemento ordinario 463/2014 a favor da parte executante, Inés Fraga Martínez, fronte a 4 Cromia, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 10.203,84 euros en concepto de principal (7.435,42 euros en concepto de salarios, vacacións e paga extra, 2.768,42 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior, máis outros 1.020,38 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no que, ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tivesen acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza                 A letrada da Administración de xustiza

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, dezaoito de setembro de dous mil dezasete.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada 4 Cromia, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 10.203,84 euros en concepto de principal (7.435,42 euros en concepto de salarios, vacacións e paga extra, 2.768,42 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior, máis outros 1.020,38 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0215 17), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a 4 Cromia, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a 4 Cromia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza