Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade de urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2016/690-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade da urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS SDM704, CT Raviso.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con conductor RHZ de 417 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña existente no centro de seccionamento Mercadona Sárdoma e final no centro de transformación proxectado Raviso. Centro de transformación de 630 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado na estrada de Miraflores 3, Sárdoma, Vigo.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 31 de xaneiro, no BOP do 2 de febreiro, no xornal Faro de Vigo do 3 de febreiro de 2017 e no taboleiro de anuncios do concello de Vigo. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite recibíronse as seguintes alegacións:

Con data do 15 de febreiro de 2017, María Estrella Alsira Masip Alejandro, actuando no seu propio nome e a beneficio, ademais, da comunidade de propietarios de que forma parte Maximiliano Masip Alejandro, Carlos Masip Alejandro e Estrella Alejandro Álvarez, presenta escrito de alegacións ante esta xefatura territorial como titular de bens e dereitos afectados pola instalación LMTS SDM704, CT Raviso, expediente IN407A 2016/690-4.

Con data do 12 de maio de 2017, Maximiliano Masip Alejandro, presenta escrito de alegación ante esta xefatura territorial como titular de bens e dereitos afectados pola instalación LMTS SDM704, CT Raviso, expediente IN407A 2016/690-4.

Ambas as dúas alegacións son remitidas á empresa peticionaria para que realice as oportunas contestacións.

Unha vez examinadas as alegacións formuladas por ambas as dúas partes e as respostas da empresa peticionaria conclúese, segundo o indicado no informe do técnico desta xefatura territorial do 11 de setembro de 2017 que procede o recoñecemento, en concreto, de utilidad pública para a instalación solicitada, para os efectos de expropiación forzosa.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG núm. 54, do 19 de marzo, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquer outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 12 de setembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra