O secretario xeral técnico ditou a resolución do recurso presentado no expediente sancionador RA/M/2017/00307 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.
Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselles a resolución ditada ás persoas interesadas.
Son informadas de que o expediente sancionador está á súa disposición na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada nos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).
Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.
De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 101 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2017
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda
ANEXO
Expediente Número recurso Matrícula |
Recorrente |
Infracción cometida Datos da denuncia: Data; hora; estrada; p.q. |
Precepto infrinxido |
Sanción imposta |
Resolución do recurso |
OU-01271-O-2014 RA/M/2017/00307 2072-FPP |
José Antonio Gómez Morado |
Transporte de mercadorías carecendo do título habilitante. Non presenta a tarxeta de transportes 10.5.2014; 15.35; N525; 132,0 |
Art. 140.1 LOTT |
4.001 € |
Desestimatoria, confirmando a sanción imposta |
XC-02600-O-2014 RA/M/2017/00226 7326-HPM//R-2477-BBG |
Francisco Javier Andreu Golpe |
Transporte de mercadorías sen levar inserida no tacógrafo a tarxeta de condutor ou a folla de tempos de condución e descanso 25.2.2014; 10.35; N634; 709,5 |
Art. 140.22 LOTT |
2.001 € |
Desestimatoria, confirmando a sanción imposta |