Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2017, do Servizo Provincial de Pontevedra, pola que se sinala a data para o pagamento dos depósitos previos e a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da estrada PO-353, treito Pancenteo-Marzán, puntos quilométricos 3+150 ao 5+360, de clave PO/14/076.02, no concello do Rosal.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo acordou efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes ao expediente de expropiación forzosa instruído para o termo municipal do Rosal con motivo das obras do proxecto de construción de mellora da estrada PO-353, treito Pancenteo-Marzán, pp.qq. 3+150 ao 5+360, de clave PO/14/076.02, o cal terá lugar:

Termo municipal do Rosal.

Lugar: Casa do Concello do Rosal.

Data: 19 de outubro de 2017, das 10.00 ás 11.00 horas.

No suposto de non terse xuntado a documentación acreditativa da titularidade, procederase á consignación do importe na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa, convócase o acto de formalización das actas de ocupación, que terá lugar:

Termo municipal do Rosal.

Lugar: Casa do Concello do Rosal.

Data: 19 de outubro de 2017, das 10.00 ás 13.00 horas, desde o A ata Otero Rodríguez, Generosa.

Data: 20 de outubro de 2017, das 10.00 ás 13.00 horas, desde Pérez, Dolores ata o Z.

No mesmo acto ofertaranse aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O que se fai público para xeral coñecemento advertindo as persoas interesadas de que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado e de que non se admite representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral ou particular para este caso, debendo achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros; e que deberán identificarse co documento nacional de identidade ou, na súa falta, polo coñecemento directo que testifiquen o alcalde ou o secretario do concello.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles cuxo domicilio se ignore, ou ben a quen, intentada a súa notificación, non se lle puidese efectuar.

Pontevedra, 27 de setembro de 2017

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra