Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2017 Páx. 47306

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 1 de setembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome dos servizos sanitarios prestados no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula e debido a que as persoas relacionadas non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 10 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro; de non achegaren no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán do seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que deben achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 988 36 91 12 e 988 36 91 09.

Para que conste, lles sirva de notificación ás persoas interesadas e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula; a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 1 de setembro de 2017

Dionisio López Bellido
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

López Rodríguez, Sonia Elvira

71764129N

Borges Rodrigues, Anileia

X7788191T

Fernández Casabella, Pablo

48624611N

Alberte González, María del Carmen

34524769K

Suárez Cuíñas, Paulina

34584694P

Guijarro Llinares, Cristian

21679352N

Martínez Vázquez, José

34953414S

Guerra Teixeira, Leonel

76728777H

Sali --- Gabriela

X8729807L

De Sousa Antunes, José

X8458415G

Castro Patiño, Ashley Leonor

X5971438V

Dos Santos --- Carlos José

X3018193H

Carballo Pena, José

34697408E

Soto Mondelo, David

45160422Z

Pan Vaquero, Maite

18085038T

Lamela Fernández, Zaida

44494006T

Fernández López, Luis Emilio

44486289B

Fernández Fernández, Nayara

34983342C

Martínez Boo, Carlos

34948480A

Seoane Freire, Dorinda

34590558F