Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 5 de outubro de 2017 Páx. 47032

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de setembro de 2017 pola que se ratifica o acordo de extinción da Fundación Santuario Nuestra Señora de La Saleta, Siador-Silleda e se dispón a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Logo de examinar o expediente de extinción da Fundación Santuario Nuestra Señora de La Saleta, Siador-Silleda, adscrita ao Protectorado da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. Con data 24 de agosto de 2017 tivo entrada na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a solicitude de ratificación e posterior inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego do acordo de extinción da Fundación Santuario Nuestra Señora de La Saleta, Siador-Silleda, adoptado polo Padroado o 19 de agosto de 2017.

Segundo. A Fundación Santuario Nuestra Señora de La Saleta, Siador-Silleda foi constituída mediante escritura pública do 19 de novembro de 2001 outorgada ante a notaria do Colexio da Coruña, Mª Teresa Sancho Sánchez, co número 480 do seu protocolo. Esta fundación foi clasificada de interese cultural mediante a Orde da Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 11 de abril de 2002 (DOG núm. 77, do 22 de abril de 2002, corrección de erros DOG núm. 86, do 6 de maio de 2002) e declarada de interese galego mediante a Orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 2 de maio de 2002 (DOG núm. 94, do 16 de maio de 2002). Figura inscrita no Rexistro de Fundacións de Interese Galego co número 2002/3.

Terceiro. De acordo co artigo 6 dos seus estatutos (que foron elevados a público o 26 de xullo de 2015 ante o notario do Ilustre Colexio de Galicia, Manuel Barros Gallego, co número de protocolo 700), os fins da fundación son: a propagación e difusión, así como o impulso do Santuario da Nosa Señora da Saleta, establecido en Siador-Silleda e canto atinxe ao seu mantemento, reparación e conservación e do seu entorno ambiental.

Cuarto. O órgano de goberno da Fundación, na súa reunión do 19 de agosto de 2017, adoptou o acordo de extinción da Fundación polo cumprimento dos obxectivos estatutarios e a imposibilidade de seguir financiando as actividades da Fundación.

No expediente tramitado para o efecto consta a seguinte documentación:

a) Certificación do acordo de extinción adoptado polo Padroado.

b) Memoria xustificativa da concorrencia da causa de extinción.

c) As contas da Fundación na data de adopción do acordo.

d) Proxecto de distribución dos bens e dereitos resultantes da liquidación.

e) Informe proposta do Protectorado.

Consideracións legais:

Primeiro. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é competente para o exercicio das funcións de protectorado sobre a Fundación Santuario Nuestra Señora de La Saleta, Siador-Silleda, de conformidade co establecido no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en relación co artigo 47 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

De acordo co disposto no artigo 7.2 b) do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, correspóndelle á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a inscrición na sección correspondente do Rexistro de Fundacións de Interese Galego de todos os actos relativos ás fundacións sobre as cales exerza as funcións de protectorado.

Segundo. O artigo 44 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, establece entre as causas de extinción das fundacións a realización íntegra do fin fundacional. Para tal efecto é necesario o acordo favorable do Padroado, ratificado polo Protectorado. O dito artigo dispón, así mesmo, que o acordo de extinción se inscribirá no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Terceiro. O acordo de extinción adoptouse seguindo os requisitos establecidos na normativa vixente e nos estatutos da Fundación e foi aprobado polo Padroado na súa reunión do 19 de agosto de 2017. No expediente tramitado consta a memoria xustificativa da causa de extinción e a demais documentación prevista nos artigos 44 e 45 da Lei 12/2006 e no artigo 48 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego.

Cuarto. En exercicio da facultade prevista no artigo 33 dos seus estatutos, o Padroado da Fundación acorda que os bens e dereitos resultantes da liquidación sexan destinados á igrexa parroquial de San Miguel de Siador.

Polo exposto, e de conformidade co establecido na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, no Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e no Decreto 15/2009, da mesma data, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, e demais normativa de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Primeiro. Ratificar o acordo de extinción da Fundación Santuario Nuestra Señora de La Saleta, Siador-Silleda, adoptado polo Padroado da Fundación na súa reunión do 19 de agosto de 2017.

Segundo. Ordenar a inscrición da extinción no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Terceiro. Declarar como destinataria dos bens e dereitos resultantes da liquidación a Igrexa parroquial de San Miguel de Siador.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que, con carácter potestativo, se poida interpor recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012; DOG núm. 27, do 8 de febreiro)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria