Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 4 de outubro de 2017 Páx. 46991

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a prestación do servizo de limpeza do edificio multiúsos de Torneiros (expediente 22/17).

Mediante acordo da Xunta de Goberno local, do 1 de setembro de 2017, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 22/17).

2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza do multiúsos de Torneiros.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 38.720 euros (32.000 euros máis 6.720 euros en concepto de IVE), polo prazo de dous anos (con posibilidade de dúas prórrogas anuais).

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 5 de setembro de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa